miércoles, 23 de mayo de 2018

Visita a SALINAE

Bos días a todos e a todas!

Aquí estamos de novo para amosarvos o ben que o pasamos na visita a SALINAE. Moito aprendemos...
E ademáis, tamén aproveitamos para dar un paseo por Vigo e disfrutar do bo tempo.

Mirade, mirade!


















martes, 3 de abril de 2018

LAPBOOK "Profesións"

Aquí tedes o traballo de 5º para coñecer en profundidade as profesións, no noso caso, e continuando coa nosa elección de Entroido, buscamos información sobre a profesión de CAMAREIRO/A.


Visita de 5ºA á Biblioteca JUAN COMPAÑEL

Ola a todos e a todas!

Aquí vos deixamos un recordo da nosa saída á biblioteca Juan Compañel de Vigo, onde descubrimos a gran diversidade de actividades e servizos que temos á nosa disposición.

Tivemos así mesmo a oportunidade de contemplar libros noutros idiomas como o chinés, o ruso, o xaponés... incluso en braille!

Tamén coñecemos o funcionamento da biblioteca e levamos a cabo unha busca do tesouro resolvendo pistas que atopabamos entre os milleiros de libros da sección infantil.

Mirade, mirade...









VIsita á Axencia Estatal de Administración Tributaria

Como parte da sociedade, visitamos a Axencia Tributaria de VIgo para coñecer un pouquiño máis a fondo a que se destinan os nosos impostos dunha maneira lúdica e dinámica.
Foi unha visita do máis entretida! Incluso recibimos un diploma e algún agasallo máis...
Moito aprendemos!





Visita da Policía. PREVENCIÓN VIOLENCIA DE XÉNERO

Boas tardes!

Esta vez contamos coa visita da Policía para falar e concienciarnos sobre a existencia da violencia de xénero e a importancia da súa prevención.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o interesante que foi!





jueves, 1 de marzo de 2018

24 de febreiro. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Recoñecedes á muller da fotografía?

Exactamente, hoxe tivemos o pracer de recibir a visita de Rosalía de Castro para celebrar o seu nacemento. 

Os alumnos e alumnas de quinto e sexto aproveitaron a ocasión para resolver todas as dúbidas que tiñan sobre ela e o seu traballo: que te inspiraba?, por que viaxabas tanto?, quen foi o teu maior apoio?

Sen dúbida unha gran entrevista para unha das personaxes galega máis importantes da nosa historia.



Aquí vos deixo un dos seus poemas máis coñecidos con música de Amancio Prada.

Disfrutádea!